A Regueifesta culmina as viaxes arredor de Europa do Proxecto Erasmus “Europa de Repente”

O proxecto “Europa de Repente”, impulsado por varios centros educativos galegos -CEIP Labarta Pose de Baio, IES do Milladoiro e IES Marco do Camballón de Vila de Cruces- e coordinado polo CFR de Vimianzo, realizou a súa cuarta e última mobilidade para coñecer a improvisación en verso de Iparralde, no País Vasco francés.
Durante o ano 2022, o profesorado –vinculado ao proxecto Regueifesta- viaxou a Madeira, a Toscana e Sardeña para coñecer o despique, a ottava rima e a gara poética e outras formas de improvisación destes pobos. Desta volta, entrevistaron axentes de dinamización da improvisación cantada en Iparralde, como Aimar Karrika e Ainhoa Elizondo da asociación Bertsolaren Lagunak, a docente Lur Renteria ou a bertsolari Irati Alcantarilla. Sempre coa intención de partillar experiencias educativas, construír cooperación pedagóxica, mellorar competencias e construír rede.
Ademais, formando parte desta mobilidade, e facendo o seguimento do repentismo de Iparralde, os docentes do Proxecto Erasmus foron convidados como observadores internacionais ao Encontro de Bertsolarismo de Iruña, xunto a máis de 70 persoas expertas en oralidade de todo o mundo. Este encontro. Que ten lugar cada catro anos, o Bertsolari Txapelketa Nagusia, tivo lugar en Iruña, Navarra, ante máis de 14.000 persoas.
Novas relacionadas
- Decembro 22: A Regueifa expándese dende Soneira a Sardegna
- Decembro 22: A cativada carballesa bótase a rimar co proxecto Enreguéifate.
- Outubro 22: Os centros de ensino de Zas espallan a regueifa e a improvisación por Europa.
- 2021: A Regueifesta soneirá espállase por Europa.