Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A renovación das luminarias de Vimianzo arrincan por fin esta semana

Luminaria rúa principal Vimianzo
A renovación das luminarias de Vimianzo arrincan por fin esta semana

O Concello de Vimianzo comezará a vindeira semana coa renovación das instalacións de alumeado exterior en todo o municipio, un proxecto que ascende a 2,3 millóns de euros, grazas á subvención acadada co Instituto para a Diversificación e Aforro de Enerxía (IDAE). 

A entidade aportará o 80% do orzamento e o Concello o restante 20%, un total de 472.473,70 euros, para conseguir aforrar máis do 50 % na facturación deste servizo, implementando así a tecnoloxía LED en máisde 4.500 puntos de luz presentes nos 133 lugares do municipio.
As novas instalacións serán máis eficientes e conseguirase, con isto, un menor impacto ambiental. Cabe destacar que estas luminarias empregan o 95% da enerxía da luz e tan só se desperdicia un 5% en calor, facéndoas máis duradeiras.

Comentarios