mércores. 30.04.2025
El tiempo

O Sargadelos da Trubisquiña gaña o Entroido de Vimianzo

Entroido Vimianzo 2025-Trubisquina
O Sargadelos da Trubisquiña gaña o Entroido de Vimianzo

Fermosa tarde de Entroido a vivida na xornada do sábado en Vimianzo, que comezaba cun soleado desfile polas rúas da vila.

Unha vez rematado comezaban a celebrarse os concursos, que se repartían 2.870 euros en total.

A gran gañadora foi a Ac. Trubisquiña, que co seu numerosísima demostraciión con motivos de Sargadelos, levo os 1.000€ do primeiro premio do Concurso de Comparsas.
Os Enjominados de Cee, cunha de pistoleiros, levaron os 500€ do segundo premio, por diante da AC Mocatriz, que levou o terceiro premio.

Entroido Vimianzo 2025 2

O primeiro premio do concurso de Grupos marcha para a Ponte do Porto para a familia futurista de Ponte Disfraz. O Akelarre de Josè María Gándara, sumou o segundo premio e a familia Heide de Marta Cibrán o terceiro.

Os premios de parellas foro para Andrea e Adrián Pazos, que ían de cabezudos abricanos; para Alex e Lía Rojo, que ían dun labrego e a súa poliña; e Samuel Martñinez e Lucía Sanda, o “Dúo Happy”.

O premio Infantil individual foi para África Martínez, “A raíña da pipa”, e os premios de adultos foron para a Raíña de corazóns (Patricia Precedo), a Piña de ligar no Mercadona (J. Manuel Rod.) e a lembranza aos voluntarios da Dana (Begoña Cambón).

Queda a parroquia vimiancesa pendente da cita terrorífica do 8 en Baíñas.

Crónica do entroido vimiancés

Cinco comparsas encheron de cor o entroido vimiancés no seu día grande

Comentarios