Luns. 29.04.2024
El tiempo

Talía Teatro protagoniza O Mes do Libro en Vimianzo

Dia do Libro en VImianzo con Talia Teatro 2024
Talía Teatro protagoniza O Mes do Libro en Vimianzo

O Concello de Vimianzo celebrará o Día do Libro, conmemorado o 23 de abril, coa presentación da obra infantil ‘Voa, voa!’, de Artur Trillo. O director da laureada compañía Talía Teatro, despois do texto teatral infantil “Menos lobos, Sopa de sapo”, lanza este novo libro/espectáculo dirixido especialmente ao público infantil e pensado en desfrutar en familia e divulgar e relembrar a arte de xogar coas palabras..

A fermosa xornada de presentación teatralizada do libro será o domingo 21 de abril, a partir das 18:30 horas no Auditorio municipal. Comezará coa representación da obra homónima da man de Talía Teatro,
Ao remate, realizarase a presentación do libro coa presenza do autor, Artur Trillo, e os actores María Ordóñez e Toño Casais. Nunha breve conversa, entrarán en profundidade na historia de Xoana, quen todas as tardes baixa xogar ao parque. Alí coincide con Anxo, un neno introvertido ao que non lle gusta estar fóra da casa. A través da relación destas dúas personaxes, preténdese recuperar retrousos, xogos de man e toda unha relación de ditos populares centrados nas pequenas rimas que perduraron de xeración en xeración.

Obradoiro

Ademais, a a Concellería de Cultura completa o programa cun obradoiro para que os nenos e nenas de 3 a 12 anos descubran toda a diversión que agochan os libros. A través de xogos de animación á lectura, un taller de elaboración de marcapáxinas e a busca do tesouro nas instalacións, búscase achegar este hábito e os seus múltiples beneficios ás crianzas.

O obradoiro terá lugar o 23 de abril na Casa da Cultura, entre as 17:00 e as 19:00 horas, e será necesario facer inscrición previa nas instalacións da biblioteca municipal. O prazo para apuntarse estará aberto desde mañá, xoves 11 de abril, ata o día 22 do mesmo mes.

Comentarios