Sábado. 21.09.2024
El tiempo

Un canle de TDT na Costa da Morte?

Un canle de TDT na Costa da Morte?
Canle TDT Costa da Morte- Salitre Multimedia

Tempos de actualidade da TDT. Pero se aa semana pasada falabamos en clave de resintonización, esta o facemos en clave de posible fraude. Que raro…

Os amigos do Foro Costa da Morte veñen de recuperar nas redes sociais un asunto complexo. I é que dende 2006 parece ser que un empresario da zona ten unha canle de TDT reservada. O que pode ser unha "concensión pantasma".

Segundo o informe de comunicación do Consello da Cultura Galega, a empresa Salitre Multimedia SC, co domicilio social na Coruña e baixo un suposto representante chamado Fernando Fernánde, conta con unha estación aprobada para Carballo (dando cobertura a toda a comarca de Bergantiños).

A verdadeira problemática é que para acadar a licenza a empresa tivo que comprometerse a crear 26 postos de traballo e un investimento de 1,3 millóns de euros. Pero nada se sabe.

Todo sae a conta despois da prórroga de 2 anos de licenza aprobada a finais de outubro a pesar do incumprimento das especificacións. De feito, e como fixo ca Autovía Costa da Morte, a Xunta prorrogou a concesión a Salitre Multimedia a pesar da súa existencia pantasma.

Hai máis Canles aprobadas para a Costa da Morte dende os tempos de Touriño. O entón presidente da Xunta aprobaba varias licenzas máis na bisbarra:

  • Carballo: ademais da de Salitre Multimedia, La Opinión de A Coruña e a Editorial La Capital teñen licenzas aprobadas.
  • Vimianzo (dando cobertura ás comarcas de Soneira e Fisterra): A Editorial Compostela.

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios