Unha xornada para coñecer os resultados dos fondos europeos investidos na Costa da Morte


Este venres 27 de setembro será unha boa ocasión para analizar en que se están investindo os cartos que chegan a través dos fondos europeos.A Asociación Costa da Morte - GDR vai celebrar unha “Xornada de Difusión Resultados Leader e Posta en Valor do Territorio”.
O obxeto da xornada é difundir os resultados acadados ata o de agora coa execución do programa Leader Galicia 2007-2013.
A xornada está aberta a todo o mundo, pero os principáis destinatarios son os emprendedores, os promotores, concellos, asociacións e calquera tipo de entidade ou persoa que queira poñer en marcha un proxecto ou teña interés no desenvolvemento do territorio.
Programa
A xornada comezará ás 09:45h e durará ata 14:00 horas, e colaboran o Concello de Vimianzo a Afiprodel.
Vai haber unha mesa redonda donde se farán unha serie de reflexións sobre os recursos da Costa da Morte, como se poden por en valor e ver de sacar consensos sobre extratexias de desenvolvemento do territorio, que se podan ter en conta en futuros programas de desenvolvemento.
Presentaranse unhas publicacións que acaba de facer o GDR, así como uns vídeos de promoción do territorio e de proxectos beneficiarios de axudas Leader.

Novas relacionadas
Fonte
- GDR.