sábado. 15.03.2025
El tiempo

Uns días de relax para os maiores de Vimianzo

Uns días de relax para os maiores de Vimianzo
Vecinos vimianceses dende o Spa Máis dun centenar de veciños e veciñas do Concello de Vimianzo maiores de 55 anos gozan de tres días de relax en Sanxenxo, dentro do programa de viaxes para maiores do Concello de Vimianzo. En case unha semana cubríronse as prazas dispoñibles para participar nesta primeira viaxe organizada polo Concello de Vimianzo. Dous autobuses partían na mañá de onte con destino a Sanxenxo, onde pasarán tres días de relax no Hotel Spa Carlos I de Silgar. Alí poderán gozar das instalacións do spa, con tratamentos persoalizados incluídos, ata o venres. Na tarde do xoves desprazaranse ata a vila veciña do Grove para realizar unha excursión en barco pola ría ata as bateas, onde terán unha degustación de mexillóns. O venres pola tarde emprenderán camiño de regreso para Vimianzo, agardamos que relaxados e cun bo sabor de boca, esperando participar xa na viaxe de setembro.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios