Sábado. 27.04.2024
El tiempo

A USC visita Laxe e o Museo de Artesanía en vivo do Castelo de Vimianzo

USC Vimianzo Artesanía
A USC visita Laxe e o Museo de Artesanía en vivo do Castelo de Vimianzo
O Castelo de Vimianzo acolleu esta pasada tarde unha saída de campo por parte do alumnado de 3º curso de Educación Social da Universidade da Coruña, con título "Educación Social nas políticas culturais, en contextos rurais". 
 
Achegáronse ata o municipio soneirán para contemplar de primeira man a Mostra de Artesanía en Vivo, que lles foi presentada pola técnica de Cultura, Nieves Lema. María Victoria Amigo, a técnica de Turismo, introduciulles uns coñecementos previos sobre a fortaleza soneirá.
 
Carmen Riveiro, artesá que leva no Castelo 37 anos, desde o comezo da Mostra, faloulle ao alumnado da súa experiencia nestas máis de tres décadas de andaina.
USC en Laxe
 

Igualmente, o alumnado e profesorado do Grao en Educación Social da Universidade de Santiago de Compostela que visitou Laxe.
Despois da recepción e charla-coloquio co alcalde, a concelleira Raquel Lema responsable de comercio, hostalaría, turismo e cultura, na compaña da técnica de cultura municipal Tamara Salvadores e os presidentes de dúas das asociacións con máis antigüidade no noso  concello, como son, a Asociación de Amas de Casa e a Asociación Veciñal de Serantes, que acompañaron á comitiva nun percorrido polo noso patrimonio cultural, paisaxístico e social no Museo do Mar de Laxe, visita que foi guiada polo técnico municipal de turismo e responsable Joaquín Vidal.

USC no Concello de Laxe

 

Comentarios