Mércores. 01.05.2024
El tiempo

Vaga de roubos en Baio tras a festa de Monte Torán

Vaga de roubos en Baio tras a festa de Monte Torán
A Caixa Galicia e a Agencia AM foron alguns dos establecementos afectados

A pasada noite roubaron en tres establecementos de Baio e en todos co mesmo modus operandi: forzando as pechaduras. Eso sí, o botín foi pequeno. Os negocios afectados foron a administración de lotería, na que só colleron unhas calderillas; a Oficina de Correos, da que tan só levaron un paquete e aquí tamén revolveron os papeis, e tamén intentaron entrar na Axencia AM. Neste último local non chegaron a entrar, tan só forzaron a pechadura.

Esta vaga de roubos coincide con que onte se celebrou a festa de Monte Torán, na parroquia veciña de Bamiro. Aínda que debido ó mal tempo non chegou a tocar a orquesta pola noite, aprazándose a verbena para mañá xoves. Aínda así, os amigos do alleo andaban pola contorna na busca, probablemente, de cartos.
As orquestas encargadas de amenizala noite dste xoves serán Principal e Os Satélites. Un gran cartel!!!

Novas relacionadas

Comentarios