Vaga de roubos en Baio tras a festa de Monte Torán


A pasada noite roubaron en tres establecementos de Baio e en todos co mesmo modus operandi: forzando as pechaduras. Eso sí, o botín foi pequeno. Os negocios afectados foron a administración de lotería, na que só colleron unhas calderillas; a Oficina de Correos, da que tan só levaron un paquete e aquí tamén revolveron os papeis, e tamén intentaron entrar na Axencia AM. Neste último local non chegaron a entrar, tan só forzaron a pechadura.
Esta vaga de roubos coincide con que onte se celebrou a festa de Monte Torán, na parroquia veciña de Bamiro. Aínda que debido ó mal tempo non chegou a tocar a orquesta pola noite, aprazándose a verbena para mañá xoves. Aínda así, os amigos do alleo andaban pola contorna na busca, probablemente, de cartos.
As orquestas encargadas de amenizala noite dste xoves serán Principal e Os Satélites. Un gran cartel!!!
Novas relacionadas
- 06-05-13: Detidos os autores de roubos en vivendas de Malpica e novas incautacións de marisco en Muxía e Muros.
- 15-04-13: Unha parella detida por roubo con violencia nun establecemento de Vimianzo.
- 06-02-13: 1000 quilos de peixe de Camariñas requisados en Vimianzo.
- Redacción de Lorena Martínez para QPC (lorena@quepasanacosta.gal).