Veciños de Bamiro manifestaranse o mércores diante do Concello para intentar evitar a demolición dunha casa
07:30 21/03/17
Casa de Bamiro sobre a que pende unha orde de demolicion
- Última hora: A concentración adiantouse ao mércores 22 de marzo ás 12:00h na Praza do Concello de Vimianzo.
Este xoves 23 de marzo, ás 13:30h, os veciños de Vimianzo protagonizarán unha concentración pacífica diante da praza do Concello de Vimianzo, para protestar pola orde de demolición da APLU que pende sobre unha casa de Bamiro.
Para o irmán do propietario da casa, Alejandro Blanco Blanco, a pelota está no tellado do alcalde, pois consideran que “só é necesario modificar unha lei, que xa é efectiva noutros concellos, que indica que se tes media finca edificable cando pides o permiso, inmediatamente toda pasa a ser edificable”. Os afectados non entenden “que unha casa estea fóra da legalidade a pesar de estar pagando a contribución”, e consideran que “o último ten que ser derrubala”.
A xunta de portavoces reunirase coa APLU
Despois da reunión de portavoces e das da oportunas xestións coa APLU a xuntanza co seu director quedou fixada para o vindeiro xoves, día 23 de marzo ás 12,00h na sede da APLU. O alcalde, Manuel Antelo, lamenta, novamente, que esta situación teña chegado a estes extremos, reitera que a orde de derribo da casa non depende do Concello de Vimianzo e, como non podería ser doutra maneira, colaborará en canto sexa posible, cumprindo sempre coa legalidade, para evitar que a vivenda sexa derrubada.Novas relacionadas
Máis novas
- Febreiro 2017: A APLU realizou 9 derrubamentos dende comezos de 2016.
- Decembro 2015: A APLU realizou 33 derrubamentos na Costa da Morte en 4 anos.
- Feísmos: Conclusións a ritmo de pasodobre.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).