Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Vimianzo abre o prazo para solicitar axudas de 600€ para a hostalaría

Ruas de Vimianzo
Vimianzo abre o prazo para solicitar axudas de 600€ para a hostalaría

Dende este martes, queda aberto o prazo para que os locais de hostalaría do Concello de Vimianzo poidan solicitar as axudas para paliar os efectos da crise provocada pola pandemia do coronavirus. A partida orzamentaria que a Administración local destinou para este fin ascende a 40.000 euros e cada negocio poderá recibir unha contía de ata 600 euros.

Dende o Concello avanzan que o Concello tamén traballa para novas axudas a outros sectores.

As bases poden consultarse na páxina web do Concello de Vimianzo (www.vimianzo.gal) e o prazo para solicitar as mesmas é de 15 días a partir de mañá, martes 23 de marzo. As solicitudes presentaranse por vía telemática a través da sede electrónica do Concello.

Comentarios