xoves. 22.05.2025
El tiempo

Vimianzo aprende castelán a inmigrantes

Vimianzo aprende castelán a inmigrantes

Segue traballando o Concello de Vimianzo pola integración. A seguinte aposta é organizar un Curso de Español, dentro das actividades do Plan Inmigra 2010.

O curso impartirase entre os días 13 e o 27 de decembro, entre as 18:30 e as 21:30 horas e o seu obxectivo será proporcionar aos inmigrantes usuarios do programa aquelas ferramentas necesarias para incorporarse ao mundo laboral, considerando indispensable o manexo da lingua española, tanto a nivel oral como escrito.

Máis información e inscricións

Para inscribirse na actividade ou solicitar máis información, contacten con Lucía Santos Lago ou Marta Pereira Bello, Titoras de Inserción e Formación, no teléfono do concello 981 716 001.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Vimianzo.

Comentarios