Vimianzo aprende e exporta a aproveitar o patrimonio en Bélxica

Continúa en marcha o proxecto europeo EUSAVE, no que participa o Concello de Vimianzo. En abril facía de anfitrión na aprtura do proxecto, e en setembro a expedición vimiancesa visitou Croacia e Italia.
Esta semana toca visitar Bélxica, concretamente Ypres, unha fermosa e cuca cidade flamenga de 35.000 habitantes que sabe moi ben como poñer en valor o seu patrimonio inmaterial. Porque diso se trata este proxecto, de compartir e aprender xeitos de sacarlle rendemento económico á posta en valor do patrimonio material e inmaterial nas zonas rurais.
Un evento que chamou a atención de toda a expedición ten lugar cada tarde no Menin Gate Memorial, un arco onde se recollen 60.000 nomes de persoas finadas na I Guerra Mundial. As trompetas retumban neste simbólico espazo, cita inexcusable para todos os visitantes.
Esta é a primeira viaxe europea de Mónica Rodríguez dende que se alzou na alcaldía. Está moi aberta e con moitas gañas de aprender moitas ideas para traer a Vimianzo, e de compartir todo o que Vimianzo pode ofrecer.
Rosa Sánchez, Rosana da Consultora Inda que coordina o proxecto e Mónica Rodríguez
Representantes de 7 países europeos xuntos polo Patrimonio en Bélxica
NOVAS DO PROXECTO EUROPEO EUSAVE
- Setembro 19: Vimianzo exporta a súa innovación cultural a 8 países no encontro en Croacia do proxecto #EuSAVE.
- Xuño 19: O Concello de Vimianzo participa esta semana no segundo encontro do programa Europeo #EuSAVE.
- Abril 19: Vimianzo afonda, como capital europea, en estratexias concretas de patrimonio e desenvolvemento rural.