Venres. 29.03.2024
El tiempo

Vimianzo e Camariñas saíron á rúa polo 8M

Concentracion en Vimianzo polo diua da muller
Concentración en Vimianzo
Vimianzo e Camariñas saíron á rúa polo 8M

Ademais das concentracións convocadas pola CIG, a mañá do 8 de marzo sempre está protagonizada polas accións municipais. Así acontecía en Camariñas onde, no marco do programa de actividades, realizaban esta concentración ás portas do consistorio, baixo o lema do colectivo Galegas8M ‘Nen escravas, nen heroínas, MULLERES CON DEREITOS XA’.
As actividades continuarán cunha exposición e unha festa do balonmán feminino.

Concentración 8M Camariñas
Concentración en Camariñas

Pola súa parte, en Vimianzo a cita tivo lugar no miradoiro Ramón Berra coas mulleres do equipo de fútbol amateur como protagonistas.

A cita serviu para apuntar que o Concello traballa nun Plan de Igualdade no que traballan na creación dun Centro de Información á Muller na localidade, que sirva como eixo vertebrador das iniciativas que se leven a cabo en Vimianzo no ámbito da muller, e á vez, como espazo divulgativo de cara as mulleres vimiancesas.

Máis info

  • #8M: Exposicións, actividades co alumnado, deporte e moita reivindicación en Camariñas.
  • #8M: Vimianzo propón a creación dun CIM.
  • >

    Crónicas sobre o 8M

    Comentarios