#8M: Vimianzo propón a creación dun CIM

Tamén o Concello de Vimianzo artella, polo Día Internacional da Muller, diversas accións de cara a salvagardar a igualdade na sociedade. Un Concello que valora a creación dun CIM, Centro de Información á Muller como unha das medidas máis destacadas do Plan de Igualdade municipal que van presentar o vindeiro 18 de marzo.
Outras das accións será a presentación da equipación do equipo de fútbol feminino amateur, que lucirán en todos os seus compromisos, de cor violeta e co distintivo IGUALDADE no frontal.
Dentro das iniciativas, o municipio acollerá tamén do 5 ao 27 de marzo a exposición ‘Nós somos elas’ da Deputación da Coruña. Unha mostra itinerante con 25 paneis creada pola AC Alexandre Bóveda. A exhibición pon o foco nas mulleres, retratadas no seu ámbito privado e laboral polo histórico fotógrafo de Laxe e con voz propia asinando os textos cos que dialogan as imaxes.
Novas relacionadas
Máis novas do #8M
- Carballo: O Círculo Feminista de Carballo volve á rúa polo 8M.
- Carballo: #8M: Libros, obradoiros e unha charla con Vázquez Taín en Carballo.
- Coristanco: #8M: Coristanco, “chanzo a chanzo cara a igualdade”.
- A Laracha: #8M: (R)Evoluciona Laracha.
- Camariñas: #8M: Exposicións, actividades co alumnado, deporte e moita reivindicación en Camariñas.
- Corcubión: #8M: Un roteiro polas “Pegadas da Muller” de Corcubión .