sábado. 15.03.2025
El tiempo

Os domingos da primavera de Vimianzo, para toda a familis

PRIMAVERA EN FAMILIA - VIMIANZO
Os domingos da primavera de Vimianzo, para toda a familis

Vimianzo dálle a benvida á primavera cunha programación especial para os máis pequenos e pequenas da casa. A iniciativa ‘Primavera en familia’, paralela ao Programa semestral para adultos que se desenvolve as noites dos sábados, inclúe unha serie de espectáculos que se desenvolverán desde marzo ata xuño de 2025, deixando claro para todas as familias que cada se todos os domingos haberá algo que facer no Auditorio

A programación comeza o domingo 23 de marzo coa representación de ‘Maruxiña’, da compañía Aurora Artes Escénicas. Trátase dun espectáculo para celebrar o Día do Teatro organizado pola Deputación da Coruña. A montaxe, inspirada no conto clásico ‘Polgariña’, de Andersen, conta con música en directo e está protagonizada por Alma e Laura Sarasola, que convidarán ao público a vivir unha emocionante aventura. 

O seguinte domingo, 30 de marzo, a compañía Galitoon presentará ‘Facendo o indio’, un divertido e didáctico espectáculo que achegará aos asistentes os costumes ancestrais dos indios americanos. A historia segue á tribu Pés Grandes, que loita por non extinguirse e enfrontarse ao seu maior inimigo: eles mesmos.

A seguinte cita será xa no mes de abril, o domingo 6, cando o ilusionista Marcos Waldemar presentará o seu espectáculo ‘Inherente’. Un show de maxia familiar para todos os públicos no que a maxia, o humor e o teatro se combinan para contar unha historia.

O mes das Letras Galegas terá o seu propio espazo nesta programación. O domingo 7 de maio, as cantareiras Felisa e Montse, fundadoras do grupo Leilía, presentarán o espectáculo musical ‘Axudádeme a cantar’. A través desta actividade, baseada na novela ‘Agora que ven a noite’, de Marcos Calveiro, realizarán unha viaxe desde o presente ao pasado para descubrir as raíces da música galega actual. Esta actividade celébrase en colaboración co IES Terra de Soneira.

O 11 de xuño, as Tareixas, grupo finalista do concurso ‘Quero cantar’ da Deputación da Coruña ofrecerán un concerto para o alumnado do CEIP Baíñas e San Vicente.
A programación rematará o 13 de xuño co espectáculo musical ‘Blippi y sus amigos’, un tributo que fará vivir momentos inesquecibles a toda a familia.

Venda de entradas

As entradas para estes espectáculos poderán adquirirse de maneira presencial no despacho de billetes da Casa da Cultura de Vimianzo, de luns a venres, de 9:30 a 14:00 horas, ou o propio día do espectáculo desde unha hora antes.
Tamén poderán adquirirse de maneira online a través das seguintes plataformas: ‘Maruxiña’ e ‘Facendo o indio’ en Woutick.es; ‘Inherente’ en entradium.com; e ‘Blippi y sus amigos’, en entradas.vigoplam.com

Máis novas

Comentarios