mércores. 19.03.2025
El tiempo

“Extraordinaria acollida” en Vimianzo á estrea de Sol Fuerza, a nova obra da compañia Aantena

SOL FUERZA  Lucia Veiga en Casa Carriza-Foto-Marcos Boedo
Lucía Veiga, protagonista de Sol Fuerza-Foto-Marcos Boedo
“Extraordinaria acollida” en Vimianzo á estrea de Sol Fuerza, a nova obra da compañia Aantena

Máis de 300 persoas, moitas chegadas doutras partes da comarca, acodiron á segunda cita do programa do Concello de Vimianzo neste para os primeiros meses de 2025. Unha nova demostración da referencia comarcal na que se ten convertido Vimianzo, que xa exporta a súa experiencia a lugares como Muxía ou, como fixo a semana pasada, no Fetén, a Festival de Artes Escénicas de Xixón, no que apenas había cinco representantes galegas (Coruña, Lugo, Santiago, Carballo e Vimianzo).

Era unha cita moi especial, ademais, pois era a estrea dunha obra que fixo residencia artística no propio auditorio. Trátase de “Sol Fuerza”, un espectáculo da compañía costeira “Aantena Teatro”, que leva á reflexión pero que tamén arrinca as risas e o goce do momento. Ata o elenco impresionante (a nominada aos Goya Lucía Veiga, xunto con Manu Fernández e Virxinia Bermúdez) puxo a cantar en pé a todo o auditorio.

SOLFUERZA Manu Fernandez e Lucia Veiga copia
Manu Fernández e Lucía Veiga en escea

Houbo “nervios, emocións e algunha que outra chispa”, recoñecen dende a compañía, que agradecen ao Concello de Vimianzo por darlles casa e escenario, ao AGADIC e a todo o público.

O público asistiu a unha historia de promesas luminosas e verdades apagadas. Desde os anos 50 ata hoxe, pasando polos 90, o espectáculo trenza as historias de Filek, Heliodoro e os nosos tempos modernos, entrecruzando memoria, humor e a eterna pregunta galega: isto é progreso ou outro conto ben contado?

Máis novas

 

Comentarios