Martes. 30.04.2024
El tiempo

Vimianzo despide este domingo o ‘Outono rebuldeiro’ con Xoán Curiel

Xoan Curiel
Vimianzo despide este domingo o ‘Outono rebuldeiro’ con Xoán Curiel

O Concello de Vimianzo despedirá este domingo, 12 de novembro, a programación do ‘Outono rebuldeiro’, un conxunto de actividades culturais para público familiar. 

Será a partir das 18:30 horas no Auditorio da Casa da Cultura e da man de Xoán Curiel. A partir dunha narración inicial, o autoo narra cómo foron os seus comezos na música.

O espectáculo vaise transformando nun concerto onde canta temas dos seus libro-discos infantís editados coa Editorial Galaxia. Un conto-concerto divertido e didáctico para toda a familia, que requerirá toda a participación do público asistente.

A entrada é de balde ata completar aforo, puidéndose reservar na web www.woutick.es ou no despacho de billetes da Casa da Cultura, ben ata o venres en horario de 9:30 a 14:00 horas ou o domingo desde unha hora antes do comezo da función. 

Máis Auditorio

Continúa ata o 25 de novembro o programa de adultos. Este sábado 11 de novembro chega ‘Ilusionante’, de Pedro Volta.

Máis Info

Comentarios