domingo. 18.05.2025
El tiempo

Vimianzo e Zas xestionarán municipalente os bens patrimoniais da Deputación

Vimianzo e Zas xestionarán municipalente os bens patrimoniais da Deputación
Os alcaldes de Vimianzo e Zas co responsable da Deputacion Os alcaldes de Vimianzo e Zas co responsable de Patrimonio da Deputación

Xa o viña anunciando a Deputación nos últimos tempos, pero este pasado sábado, rubricouse o acordo para que os concellos de Vimianzo e Zas tomen a xestión dos bens patrimoniais da Deputación dos 2 concellos. Trátase do Castelo e Muíños de Batáns en Vimianzo 2 As Torres do Allo en Zas.

Así o certificou o deputado responsábel da área de Contratación, Patrimonio e Equipamento da Deputación da Coruña, Xesús Soto, cos alcaldes Manuel Muiño de Zas e Manuel Antelo.

O concello de Zas asume, polo convenio, a xestión de visitas e difusión das Torres do Allo, un dos bens patrimoniais da Deputación da Coruña, a través dun convenio que contempla a atención e promoción do monumento. O convenio que, como os outros dous, foi aprobado no pasado pleno da Deputación, está dotado con 33.000 € destinados tanto á xestión das visitas como á programación para a súa difusión.

Na mesma xornada, o alcalde de Vimianzo, Manuel Antelo, asinou canda o deputado Xesús Soto o convenio polo que o concello asume a xestión da atención de visitantes, a mostra de artesanía ao vivo e outras actividades no Castelo de Vimianzo e Batáns do Mosquetín cun orzamento de 100.000 €. Ate agora, o acordo co concello só regulaba as actuacións no Castelo e, de maneira singular, a organización da Mostra de Artesanía que se vén celebrando desde 1994. O novo convenio inclúe tamén a atención a visitantes, a realización de actividades complementarias e a divulgación dos Batáns do Mosquetín.

Para Xesús Soto, os tres convenios responden á “materialización do acordo de goberno que se dirixe a un progresivo adelgazamento da Deputación”, de cara a unha posíbel transferencia da titularidade futura nos propios concellos.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios