Venres. 26.04.2024
El tiempo

Vimianzo entrega os premios aos mellores escaparates do Nadal

Vimianzo entrega os premios aos mellores escaparates do Nadal
Manuel Antelo e Marta Rei entregaron os premios aos mellores escaparates do Nadal Manuel Antelo e Marta Rei entregaron os premios aos mellores escaparates do Nadal O pequeno comercio de Vimianzo vive unha das súas mellores épocas dende que se iniciou a crise económica. Dun tempo a esta parte foron quen de xuntarse e de organizar varias campañas coas que consiguiron gañar visibilidade e, por ende, incrementar as súas ventas. O concello, no seu papel de dinamizador da economía local, apoia aos pequenos empresarios da vila de distintas formas. Precismante onte celebrouse un acto no que o alcalde de Vimianzo, Manuel Antelo, e a concelleira de Cultura, Deporte, Mocidade e Ensino, Marta Rei, entregaron os premios do concurso de escaparates de Nadal. O escaparate "máis navideño" foi o de Chus Cakes. Na categoría de "máis creativo" levou o premio a tenda de roupa Ágabe Moda e o "máis popular" foi o de T'Gustas Moda. Os premios consisten nunha cea para dúas persoas en calquera dos establecementos participantes na campaña Vimianzo Gastonómico. O alcalde salientou a importancia do traballo conxunto que está desenvolvendo o sector do comercio de Vimianzo á hora de organizar campañas de dinamización, de fidelización,... e ofertoulles o apoio do concello nas futuras inciaitivas.

Comentarios