Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Vimianzo escoita ao comercio e hostalería

Reunion virutal co comercio e hostaleria de Vimianzo
Reunion virutal co comercio e hostaleria de Vimianzo
Vimianzo escoita ao comercio e hostalería

Intensa reunión a mantida este mércores no salón de plenos do Concello de Vimianzo. A alcaldesa Mónica Rodríguez, a concelleira de Benestar, María José Pose; Rosa Sánchez, técnica de desenvolvemento local, representantes da Policía Local conectaron nunha reunión virtual con máis de 40 hostaleiros e comerciantes do concello.

Os empresarios escoitaron o Plan de Acción para Reactivar a actividade comercial que o Concello, liderado pola ADL Rosa Sánchez, leva elaborando varias semanas, paralelamente ao Plan de Reactivación dos ADL da Costa da Morte. Houbo tempo para o debate en clave de futuro, coa intención de seguir colaborando conxuntamente.

Dende o Concello estudan “parámetros económicos para poder impulsar axudas económicas para o comercio local, e tamén se levarán a cabo tarefas de concienciación e formación en redes sociais. Remitiranse as guías e protocolos para información sanitaria, tanto para profesionais como para a clientela, entre eles os soportes mercados á empresa local Gerca.

Abordouse, do mesmo xeito, unha posible creación dunha plataforma en liña para abrir as posibilidades do mercado local, así como a aportación de ‘bonos’ para incentivar a compra de proximidade, como teñen feito en Santa Comba.

Comentarios