Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Vimianzo fará unha íntegra renovación do ximnasio municipal para adaptarse aos novos tempos

Ximnasio Municipal de Vimianzo
O Ximnasio Municipal de Vimianzo está ao carón do campo de fútbol
Vimianzo fará unha íntegra renovación do ximnasio municipal para adaptarse aos novos tempos

Cunha partida de 173.000 o Concello de Vimianzo proxecta unha reforma integral do ximnasio municipal. A idea é contar cunha infraestrutura completamente renovada e “adaptada ao novo contexto”, incide o concelleiro de Deportes, Mario Andújar. Así, plantéxase a reforma do primeiro andar para a adecuación do espazo ás necesidades das persoas usuarias, e para elo proponse a redistribución de todo este espazo, deixando toda a planta diáfana para o uso como ximnasio, cun pequeno aseo adaptado.

No novo deseño do espazo están previstas cinco zonas claramente definidas: unha zona de cardio, con vistas ao exterior por medio dunha gran zona acristalada; un corredor de arrastre, en herba artificial; a zona de musculación; unha zona de peso morto e unha zona destinada a estiramentos, ámbalas dúas rematadas con losetas de caucho. Redimensionaranse os espazos de luz para dotar de maior iluminación a todo o primeiro andar, e adaptarase a instalación de fontanería e saneamento para dar servizo ao novo aseo adaptado.

Na zona do porche na planta baixa realizarase unha peza de pedra en formigón armado e instalarase unha varanda en todo o perímetro. Limparanse e pintaranse todas as fachadas do edificio con pintura de acabado mate.

Comentarios