Luns. 29.04.2024
El tiempo

Vimianzo fará un tributo a Sabina coa banda Conductores Suicidas

Conductores-suicidas
Vimianzo fará un tributo a Sabina coa banda Conductores Suicidas

Conductores Suicidas, a banda tributo a Joaquín Sabina, chega este sábado, 13 de abril, a Vimianzo. Faino coa súa xira de teatros para ofrecer un concerto no que durante máis de dúas horas farán un percorrido pola traxectoria do artista, simulando algúns dos seus grandes clásicos. ‘Princesa’, ‘Y sin embargo’, ‘¿Quién me ha robado el mes de abril?’, ‘El boulevard de los sueños rotos’, ’19 días y 500 noches’ ou ‘Peces de ciudad’, son algúns dos
clásicos que non faltarán entre o repertorio da actuación.

O concerto está incluído na programación cultural municipal e comezará a partir das 20:30 horas no auditorio municipal. As entradas están á venda na páxina online Woutick ou no despacho de billetes da Casa da Cultura, de luns a venres, en horario de 9:00 a 14:00 horas.

Comentarios