Vimianzo instalará catro puntos de recarga de vehículos eléctricos

O Concello de Vimianzo continúa co seu firme compromiso medioambiental e prevé a instalación de catro puntos de recarga de vehículos eléctricos no municipio.
A Administración local xa licitou a concesión de uso do dominio público para instalar estes elementos, e contará cun orzamento de 3150 euros. As concesións terán unha duración de 10 anos, susceptible dunha prórroga de cinco anos adicionais. O sistema de adxudicación da concesión será de concurso público, procedemento aberto, tramitación ordinaria.
O prazo de presentación de ofertas remata o 24 de novembro de 2022. Desde o Concello de Vimianzo sinalan a especial relevancia que ten “contar con este tipo de infraestruturas, xa que ata o de agora non existían nos nosos límites municipais e trátase dun primeiro paso para impulsar a mobilidade do futuro”.