Vimianzo integra formando
Moi interesantes as propostas en materia de formación que artella o Concello de Vimianzo. Se xa visitamos os seus cursos de redes sociais e de búsqueda de emprego, hoxe coñecemos as novas propostas para este curso, que ofrece o Servizo de Emprego e Desenvovemento Local do concello vimiancés.
Castelán para inmigrantes
A Concellería de Benestar Social, Igualdade e Deportes do Concello de Vimianzo e no seu nome, a concelleira, dona Montserrat Vázquez Miñones e en colaboración coa Secretaria Xeral de Emigración, ven de por en marcha un curso de español dirixido a tódolos inmigrantes do concello.
Hai que dicir que xa non é esta a primeira vez que se leva a cabo esta iniciativa en Vimianzo, e dado que os resultados foron moi positivos noutras edicións anteriores, enténdese que é moi positivo seguir con este tipo de iniciativas.
O curso está a desenrolarse no Centro Social de Vimianzo tódolos mércores, con posibilidade de asistir en dous horarios diferentes para que poidan participar tamén as persoas inmigrantes que traballan. Pero hai flexibilidade horaria e o prazo de inscrición está aberto. De feito poden dirixirse aos Servizos Sociais do Concello de Vimianzo.
O proxecto de integración inclúe ademais outros programas como o de axudas para sufragar gastos de emerxencia social; o convivencia intercultural no ámbito escolar e extra-escolar ou de integración social das mulleres inmigrantes e retornadas.
Tamén é importante sinalar e destacar a participación deste colectivo en actividades tan diversas como: xornadas de interculturalidade, rutas de sendeirismo, participación na cabalgata dos Reis Magos…
Máis cursos
Seminarios para emprendedores
En colaboración con BicGalicia do IGAPE, organiza nos meses de outubro e novembro dous seminarios encamiñados ao emprendemento co obxectivo de fomentar a cultura emprendedora e descubrir, madurar e avaliar ideas empresariais. O primerio destes seminarios, Seminario para a motivación emprendedora, de 3 horas de duración, terá lugar o 13 de outubro entre as 10 e as 13 horas, e nel abordaranse a figura do emprendedor, a idea e posta en marcha do negocio a través de experiencias persoais.
O segundo seminario, de 15 horas de duración, Seminario para a xeración, maduración e avaliación de ideas empresariais, terá lugar os días 25 de outubro e 2 e 9 de novembro, en horario de 9 a 14 horas.
Cursos ECO-TICS
Destinados para voluntariado e persoas interesadas na acción voluntaria que teñan cumpridos os 16 anos, nos que se desenvolveran os coñecementos para coñecer as ferramentas web gratuitas aplicables a programas de voluntariado relacionadas co medio ambiente (xeoaplicacións, xeolocalización, rutas geocaching, rutas de aplicación na internet, aplicación para móbiles), que comezarán o sábado 24 de setembro no Telecentro.
Obradoiros tecnolóxicos
Obradoiro de informática básica; Gmail, o carteiro dixital; Trámites na rede: un clic igual a cero colas; Infojobs: a rede contra o paro; Facebook: Quedamos en facebook?; Blogger, o teu pequeno recuncho web; Sendeirismo pola rede: facendo camiños pola internet.
Máis información e inscricións
As persoas interesadas en participar nalgún destes obradoiros ou seminarios formativos deberán inscribirse no Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local de Vimianzo (981 716 001).
Novas relacionadas
- Vimianzo ensinará a procurar un emprego.
- Vimianzo aprende novas formas de marketing online.
- O Plan Inmigra insire laboralmente a máis do 10% dos seus alumnos.
- Vimianzo faise intercultural.
Fonte
- Nota de prensa de Montserrat Vázquez Miñones, Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Deportes do Concello de Vimianzo.