Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Vimianzo presume de Auditorio

Nieves Lema nas xornadas de AGadic
Nieves Lema falando nas xornadas Diálogos de Danza de AGADIC
Vimianzo presume de Auditorio

Vimianzo é un dos concellos rurais escollidos pola Xunta como exemplo de programación de disciplinas escénicas. Así o foi co proxecto Costa da Vida, que levou a cultura ás parroquias. E así é ca Danza, como acontece o vindeiro 29 de abril onde o Concello celebra o #DíaInternacionaldaDanza coa chegada da obra 'Demente', da compañía Fran Sieira, ao Auditorio da Casa da Cultura.

Un Auditorio que é motivo de fachenda municipal. Onte foi a técnica de Cultura do Concello, Nieves Lema, a que participou na xornada 'Diálogos de danza. Unha ponte entre a programación e a creación', convocada pola Xunta de Galicia, Agadic e Agpxc Xestores Culturais en colaboración con Escena Galega. Nieves puxo en valor tanto as instalacións do Auditorio, de primeiro nivel, como a programación que permite desenvolver ao longo do ano, por exemplo co aínda activa programación de inverno.

Este é o fermoso vídeo creado por Pablo Alvite para celebrar o Día Mundial do Teatro nas redes sociais municipais:

Comentarios