Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Vimianzo quere recuperar o servizo de Emerxencias e solicita un dos novos GES

Vimianzo quere recuperar o servizo de Emerxencias e solicita un dos novos GES
Unha operaria do Grumir de Vimianzo lendo o manifesto na concentración Unha operaria do Grumir de Vimianzo lendo o manifesto na concentración de protesta polo peche en 2013 En 2013, a reestruturación dos servizos de emerxencia deixaba orfos os Concellos de Cee e Vimianzo, apostando por Muros e Ponteceso. Desaparecían os Grumir da vila da Xunqueira e da capital soneirá, e a Xunta creaba o novo mapa de Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES). Esta semana, porén a Xunta anunciaba a creación de catro novos GES ao abeiro dun convenio entre a Xunta, a FEGAMP e as deputacións. Ante este anuncio o alcalde de Vimianzo, Manuel Antelo, contactou telefonicamente coas persoas responsables deste tema na FEGAMP e remitiu unha solicitude formal para que un destes GES de nova creación se instale no Concello de Vimianzo. Valoran que “Vimianzo é o lugar ideal para un equipamento deste tipo dada a súa centralidade e a facilidade de comunicacións. A implantación en Vimianzo dun GES podería darlle cobertura aos concellos da Terra de Soneira e a parte dos de Fisterra e de Bergantiños, de maneira prioritaria e prestando atención en menos de 20 minutos en calquera destes territorios, abranguindo unha área ampla e cuns tempos de atención, reducindo incluso os aconsellados”. Dende Vimianzo lembran a loita que mantiveron en 2013 para o mantemento do Grupo Municipal de Intervención Rápida, e recorda que cconta cunhas instalacións propias e que xa están en funcionamento para acoller a futura base do GES, unha base de máis de 220m2 con todos os servizos e unha nave con 400m2 para gardar os materiais. Actualmente as emerxencias do Concello de Vimianzo están sendo atendidas pola Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Vimianzo, que no ano 2017 tivo un total de 617 actuacións.

Novas relacionadas

Comentarios