Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Vimianzo solicita a Educación melloras urxentes no CEIP San Vicenzo e no CEIP de Baíñas

Ceip San Vicenzo de Vimianzo
Ceip San Vicenzo de Vimianzo
Vimianzo solicita a Educación melloras urxentes no CEIP San Vicenzo e no CEIP de Baíñas

A alcaldesa, Mónica Rodríguez, e a concelleira de Benestar Social e Igualdade, María José Pose, reuníronse este mércores con Indalecio Cabana, Director Xeral do goberno autonómico desta área, para facer especial fincapé en intervencións moi
necesarias en varios centros do municipio e que responden á súa estrutura.

Se ben son necesarias obras de mellora no CEIP San Vicenzo e no CEIP de Baíñas, fixeron especial fincapé nas intervencións moi necesarias que se teñen que levar a cabo no primeiro, “moi urxentes e que teñen que ver coa súa estrutura, prioridade para o benestar da cativada e os traballadores e traballadoras do centro”, afirmaron.

Tanto a rexedora como a concelleira trasladaron a importancia de realizar obras “para solventar os problemas de humidade e desperdicio térmico e eléctrico -esto último de especial relevancia co conseguinte cambio da instalación- que existen no CEIP San Vicenzo, ademais da cuberta, que se encontra nun estado de deterioro notable”, manifestaron.

Ademais, propuxeron tamén a instalación “de varias áreas infantís nos patios de ambos edificios, xa que desde a súa creación non sufriron ningún tipo de modificación”, e agradeceron ó Director Xeral “a súa disposición tanto á hora de recibirnos como de escoitar as nosas propostas, que agardamos se leven a cabo para un vindeiro curso nas mellores condicións posibles para a nosa comunidade educativa”. 

Comentarios