Martes. 01.12.2020
El tiempo

Vimianzo súmase á compostaxe caseira

Así é o composteiro
Así é o composteiro
Vimianzo súmase á compostaxe caseira

Camariñas, Carballo, Coristanco, Laracha ou Fisterra xa forman parte do programa de Compostaxe Caseira de Sogama. Un programa que permite ás famiias do rural reciclar o lixo orgánico para producir compost, contaminando menos e cargando menos a planta de reciclaxe da emrpesa.

O Concello de Vimianzo, na liña dun #VimianzoSostible, vén de ahderirse e invita a calquera familia vimiancesa que viva nunha vivenda illada cun mínimo de 50 metros cadrados de parcela, a que solicite gratuitamente participar no proxecto.

O concello entregaralles un composteiro e un aireador, ademais de levarllo á casa e formalo individualmente no seu uso.

Serán 161 as familias que poden ser beneficiarias. Para participar no proxecto so ten que solicitalo na páxina web do concello vimianzo.gal ou chamando ao 981 716001 e o persoal responsable do proxecto se poñerá en contacto con vostede para coordinar a entrega do composteiro e do aireador.

Novas relacionadas

comentarios