Martes. 15.10.2024
El tiempo

Vimianzo ten novos orzamentos

Vimianzo Pleno
Vimianzo ten novos orzamentos

Quedaron aprobados, cos votos favorables do PSdeG-PSOE, a abstención do Partido Popular e os votos en contra dos integrantes de Adiante Vimianzo, os Orzamentos do Concello de Vimianzo para o 2022. O pleno presencial celebrado este xoves 10 de febreiro aprobou unhas contas de 5,9 millóns de euros, máis axeitadas aos tempos de corren unha vez que as contas estaban subrogados dende 2019.

”Este documento é unha folla de ruta na que se recollen, nin máis nin menos, como se empregarán os fondos municipais o longo de todo o ano”, admitía a alcaldesa, Mónica Rodríguez, que os bautizou como “reais, o máis fieis posible o contexto actual”.

Solicitou a voceira de Adiante Vimianzo, Marta Rey, “deixar sobre a mesa” a aprobación dos orzamentos por entender que “non contaban coa documentación suficiente para poder analizar e saber si estes orzamentos son reais”, pero a súa proposta non foi aceptada trala abstención do PP e os votos en contra do grupo de goberno, que se amparou nos “informes favorables de Secretaría e Intervención”.

As cifras principais

No capítulo 1 de investimentos, recóllense 1.833.300,00 euros de impostos directos. No capítulo 2, de impostos indirectos, 47.000 euros. No capítulo 3, correspondente a taxas, prezos públicos e outros investimentos, 736.010,00 euros. En tanto en canto a transferencias correntes, no capítulo 4, recóllense 2.956.354,00 euros. No capítulo 5, de investimentos patrimoniais, 92.500 euros. No capítulo 7, de transferencias de capital, 290.241,00 euros.

No referente os gastos, no capítulo 1, os de persoal, recóllense un total de 1.995.100,00 euros. No capítulo 2, de gastos correntes en bens e servizos, 3.172.441,00 euros. No de gastos financieiros, capítulo 3, 20.000 euros. No capítulo 4, de transferencias correntes, 501.940,00 euros, e no capítulo 6, de investimentos reais, 265.924,00 euros.

POS aprobado

A Corporación aprobou por unanimidade incluír un incremento de 108.298,70 euros no POS Social da Deputación da Coruña que irán destinados para o Servizo de Axuda no Fogar, SAF, dado o aumento do prezo/hora e das persoas usuarias do servizo.

No referente o Plan Único de Obras, o Pleno aprobou tamén por unanimidade dedicar 309.424,85 euros a gastos ordinarios, como mantemento, creación de emprego, en protección animal, no número de prazas de escola, servizos implementados, a promoción do turismo, dinamización do comercio e hostalaría, entre outros.

Os restantes 175.471,49 euros serán para:

  • A mellora no viario no núcleo de Manlle, por un valor de 81.147,20 euros;
  • A pavimentación do acceso que vai de Campolongo a Riotorto e a reparación do muro na ponte de Campolongo, que contará cun orzamento de 30.420,66 euros;
  • A mellora do firme no viario de Reparada a Castromil, por un total de 32.223,63 euros.
  • A rehabilitación e mellora dunha rúa interior no lugar de Bribes, nunha segunda fase que seguirá as mesmas características técnicas que a anterior. Terá un custe de 31.680,00 euros.

Comentarios