![]()
A antiga escola de Castrelo (Vimianzo) volve a recuperar a súa actividade. Grazas á recuperación do edificio, que correu da man do concello, albergarase aquí un Centro de Interpretación dos Minerais que quedarán inaugurado oficialmente ás 20:30 horas desta noite.
Recentemente o goberno municipal recuperou o edificio, mellorando o interior e cubrindo o exterior con paneis sandwich. A obra cambiou de maneira considerable a apariencia do edificio convertíndoo nun edifico moderno e adaptado ás necesidades da parroquia. Os minerais teñen unha enorme relación coa parroquia de Castrelo pois trátase dunha parroquia na que o caolín foi explotado dende mediados do século pasado.
As obras executáronse con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental, foron executadas pola empresa Blanco AG e tiveron un custe de 63,622,57€.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Concello de Vimianzo