Vimianzo volve limpar o Castro das Barreiras
20:37 18/06/20
Continúa o compromiso do Concello de Vimianzo co patrimonio, e así o demostra cunha nova rozadura do Castro das Barreiras. O singularísimo xacemento está convertíndose nun dos elementos máis importantes do nutrido elenco soneirán.
A limpeza compaxina traballos mecánicos nas zonas do recinto sen estruturas monumentais á vista e cos traballos manuais naquelas zonas onde sexa factible, fundamentalmente no terraplén, muralla e foxo.
Ademais da propia limpeza do conxunto fortificado, vixíase o estado de conservación da zona escavada, que hoxe permite ao visitante poder ver os restos de diferentes construcións circulares e imaxinar como serían as vivendas dos veciños galaicos deste castro. Polo momento non se encontraron estruturas romanizadas.
Novas relacionadas
- Xullo 2019: Vimianzo mantén viva a aposta polo patrimonio e volve limpar o Castro das Barreiras.
- Un verán para coñecer, a través das visitas guiadas, o rico patrimonio vimiancés.
- Vimianzo afonda, como capital europea, en estratexias concretas de patrimonio e desenvolvemento rural.
- Marzo 2019: Nenxs e maiores danlle sentido ao Castro das Barreiras.
- Febreiro 2019: “É unha honra que un concello tan pequeno como Vimianzo aposte pola arqueoloxía como motor turístico”.
- Maio 18: A excavación do Castro das Barreiras pecha cun gran achádego metalúrxico.