Domingo. 28.04.2024
El tiempo

O Concello de Vimianzo presenta alegacións á negativa da Xunta a declarar o Asalto Festa de Galicia de interese turístico

O Concello de Vimianzo presenta alegacións á negativa da Xunta a declarar o Asalto Festa de Galicia de interese turístico

Logo de recibir no Concello de Vimianzo a notificación da Axencia de Turismo de Galicia na que comunican a desestimación da solicitude de declaración do Asalto ao Castelo como Festa de Galicia de Interese Turístico alegando que “non se cumpren satisfactoriamente os requisitos de calidade, valor cultural, creatividade e singularidade dos actos”, desde o concello de Vimianzo presentáronse as alegacións oportunas para que a Xunta de Galicia reconsidere a desestimación en base a que se cumpren manifestamente todos os requisitos especificados no Decreto 39/2001 polo que se rexe a Declaración de Festas de Galicia de Interese Turístico.

Manuel Antelo considera innegable o valor cultural dunha festa coma o Asalto, que presenta un completo programa dirixido a todos os públicos onde se conxugan diferentes expresión artísticas: teatro, música, artesanía, gastronomía, artes plásticas, etnografía, tradición popular, etc.

Desde o Concello de Vimianzo consideran que non se lle pode negar a creatividade aos organizadores do Asalto ao Castelo, dúas asociacións xuvenís sen ánimo de lucro, que conseguen atraer a Vimianzo a milleiros de persoas e que cumpre este ano a maioría de idade. O Asalto ao Castelo é unha festa singular que recrea un feito histórico de especial relevancia para a historia de Galicia como foron as revoltas campesiñas do séc. XV, e conta dun xeito lúdico a historia dos moradores da nosa fortaleza, isto dálle un carácter único e singular, canto máis se temos en conta que é o teatro o eixo central da Festa.

Máis información

Novas relacionadas

Novas festivaleiras

Fonte

Comentarios