Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Vimianzo xa presentou o seu programa de actividades

Vimianzo xa presentou o seu programa de actividades

Un verán sen descanso de actividade é o que lles agarda aos veciños e veciñas de Vimianzo, xa que desde o concello artellaron unha completa programación cultural e deportiva pensada para todas as idades, coa que complementar un verán cargado de actividades festivas.

Unha vez rematadas as escolas culturais e deportivas o concello de Vimianzo dará paso ao verán cunha festa de clausura a noite do sábado 30 na praza do concello para todos os participantes nestas actividades, para dar paso ao verán.

Cultura en xullo

O mes de xullo comeza cunha semana de actividades culturais arredor do Asalto ao Castelo con actividades infantís (obradoiros medievais, talleres de barro, animación á lectura) e para adultos, xa que a tarde do sábado 30 os veciños e veciñas de Vimianzo e aquelas persoas que nos visiten terán a oportunidade de coñecer a historia do castelo de Vimianzo da man do histroriador e antropólogo encargado da súa musealización, Manuel Vilar Álvarez, cunha visita guiada ás Torres do Martelo e, a continuación, a profesora Laura Suárez Llano falaranos da vida e obra de Evaristo Martelo, un personaxe ligado á historia do noso castelo con gran importancia para a literatura e a lingua galega. Unha excelente oportunidade de aprendermos máis de nós mesmos.
Mentres agardamos a declaración do Asalto ao Castelo como festa galega de interese turístico, o domingo 8 de xullo celebraremos esta declaración da festa de Carnés, cunha conferencia de Leonardo González sobre "A Faguía, 400 anos de tradición". E sen perder de vista o importante patrimonio megalítico do noso concello, o 17 de xullo inauguraremos a Exposición Antas da Costa da Morte, co Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte.

Deporte

O deporte tamén tera cabida no mes de xullo, xa que abre o mes o Día da Bicicleta, pero continúa cos campamentos urbanos Vimiaverán para nenos e nenas de 3 a 5 anos e de 6 a 12 anos. E os maiores de 15 anso poderán gozar de 2 días en Castrelo de Miño con visitas culturais e actividades acuáticas.

No mes de agosto o deporte é o protagonista cos cursos de natación e piragüismo, cos excursións de aventura para mozos e mozas a Asturias (Descenso do Sella) ou unha xornada de rafting no Ulla, Miniaventura para nenos e nenas no Ecoparque de Marín, o torneo interparroquial de fútbol sala, a Ruta BTT ou a principal novidade para adultos: a I Carreira pedestre popular.

Exposicións en agosto

Mais en agosto haberá festas en Vimianzo e o concello programa unha semana de actividades culturais con talleres para nenos, obradoiros infantís de cestería, animación de rúa (mago, malabares, clow, Cé orquestra Pantasma) e a celebración do Día do neno. As exposicións tamén terán gran presenza: unha para os amantes da natureza no Centro Social “Aves de Galicia” e outra do artista local Xoan Carballo que inaugurará a súa exposición de fotografía “Todo a man, cerca de ti” o xeves 9 de agosto na Sala de Exposicións Antón, unha selección de fotografías coas que descubriremos Vimianzo.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Vimianzo.

Comentarios