luns. 19.05.2025
El tiempo

Xan García achega a Convención de Converxencia Galega á Costa da Morte

Xan García achega a Convención de Converxencia Galega á Costa da Morte

Pouca presencia ten Converxencia Galega na Costa da Morte. E iso a pesar de que o secretario xeral da entidade a nivel nacional é Xan García Pouso, o eterno Secretario de Neria.
A entidade prepara a súa 3ª Convención Nacional de Converxencia Galega e a trae á Costa. A cita será o sábado 5 de abril na Casa da Cultura do Concello de Vimianzo. Chega pensando nas Eleccións Municipais 2015.

Esta entidade galega, de carácter “social liberales, centristas acentrados”, como define o costeiro, terá pola mañá unha reunión do Consello Executivo, máximo órgano do partido entre congresos, e a partir das 18:00 h haberá un acto público e aberto ao que serán benvidas todas as persoas que desexen asistir.

Está previsto que neste acto interveñan representantes provenientes das catro provincias galegas, o secretario xeral, Xan García e a secretaria de Organización, María José Rodríguez Porto.

Aquí vos deixamos cunha entrevista de Xan en Ferrol TV, para que tomen nota:

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
Xan Garcia Pouso presenta Converxencia Galega

Comentarios