Martes. 15.10.2024
El tiempo

Un xeorrádar para rastrear o xacemento de Brandomil

Xeoradar da Fundacion Brandomil
Un xeorrádar para rastrear o xacemento de Brandomil

Continñúa a Fundación Brandomil sumerxíndose na historia da súa lendaria ponte, e buscando evidencias do seu relevante pasado. A última actuación, no marco da intervención arqueolóxica que arrincou o pasado mes, foi a prospección xeofísica dunha ampla zona.

Unha actuación que se realizou por medio de dúas técnicas xeofísicas diferenciadas e complementarias: unha pasiva (prospección magnética) e outra activa (por medición dun xeorrádar), co obxecto de descubrir posibles vestixios de estructuras hasta o momento descoñecidas. Foi persoal do Departamento de Enxeñería de Recursos Naturais e Medio Ambiente da Universidade de Vigo o que estiveron sondeando unhas fincas agrícolas propiedade da Fundación e outras de propiedade privada.

A intención desta actuación é descubrir novos datos sobre o importante xacemento arqueolóxico de Brandomil grazas a prospección de parte do subsolo, empleando para elo avanzadas técnicas de recoñecemento arqueolóxico.

RELACIONADOS

Comentarios