Venres. 19.04.2024
El tiempo

A Fundación Brandomil comeza unha intervención arqueolóxica para redescubrir o asentamento romano

Excavacions Arqueoloxicas na ponte de Brandomil
A Fundación Brandomil comeza unha intervención arqueolóxica para redescubrir o asentamento romano

Brandomil foi un asentamento romanode considerable importancia. Pero dende que se fixeron as excavacións en 2007 e 2008 por Juan Naveiro, non se volveu a investigar. Daquela, os achádegos demostraron que era máis importante incluso do que se pensaba, e de aí que a Fundación Brandomil estea traballando a súa investigación.

Así, este pasado luns 9 deron comezo as intervencións arqueolóxicas nos terreos da Fundación Brandomil. Un equipo de 5 arqueólog@s e vari@s voluntari@s levan esta semana, e estarán ata a vindeira, facendo unhas catas para ver que se pode atopar. “Empezaron un pouco escépticos pero xa están descubrindo cousas moi interesantes para ir sacando á luz todo ese pasado histórico tan importante”, sinala José Pérez, membro da Fundación, que lembra a idea principal do proxecto: “O que se trata é de redescubrir o pasado para apuntalar o futuro”.

Lembran que por alñi pasaba a Vía XX Pero loca marítima”, que unía Bracara Augusta con Lucus Augusti no seu desvío cara Brigantium. No lugar o camiño facía unha Y facendo dous ramais para as minas de Vilarcobo e Pozo Limideiro. Esas calzadas romanas, chamadas “Camiño Real” na Idade Media, foron soterradas baixo unhas estradas de asfalto durante a concentración parcelaria. A Fundación quere desenterralas.

As obras están lideradas polo arqueólogo xalleiro Lino Gorgoso, de Adro. Xa localizaron unha vía empedrada cun pavimento tipo glarea así como abondosos derrubos de tegula romana e cerámica finais do século I ao II d.C.
Os traballos están parcialmente financiados pola Deputación da Coruña e polo GDR.

Comentarios