Martes. 15.10.2024
El tiempo

A veciñanza rescata a súa historia nas presentación das guías de Brandomil e do río do Porto

Manuel Vilar na Presentacion da guia do Camino por Brandomil
Manuel Vilar na Presentación da guía do Camiño de Santiago a Muxía por Brandomil
A veciñanza rescata a súa historia nas presentación das guías de Brandomil e do río do Porto

Dúas das citas da fin de semana tiñan como protagonistas novas publicacións patrimoniais. O Seminario de Estudos Comarcais e a Editorial Alvarellos contraprogramábanse na mañá sabatina para presentar as súas novidades, pero non faltou xente en ningún dos dous actos.

Presentación da guía sobre o Camiño pro Brandomil

Carpa chea na Presentacion da Guia sobre o Cmaino por Brandomil

É unha fermosa historia a do Camiño de Compostela a Muxía por Brandomil. Porque é a historia dun fito conseguido pola veciñanza, por unha veciñanza comprometida co seu patrimonio, que tras dous anos de loita segue conseguindo “rescatar” a súa cultura, a súa historia (como dixo editor Henirque Alvarellos), e ademais achegar un posible revulsivo económico para a zona.

A Asociación Grandirium xa puxo o nome no candelero do “Camiño de Santiago a Muxía por Brandomil”, como se titula a guía, realizada polo noso Manuel Vilar presentada en sociedade este sábado. Unha carpa situada ao carón da mítica ponte medieval, encheuse para escoitar á presentadora, unha desas bravas que dinamiza o territorio como María Tubío, presidenta da asociación cultural Grandimirum.

Vilar volveu séculos atrás para situar aos asistentes naquela época medieval na que peregrinos e camiñantes utilizaban este camiño, o máis directo, para chegar dende Compostela a Moraime e Muxía. Ademais, debullou a guía, que define en 4 etapasps 86km da ruta.

As alcaldesas Santa Comba e a Baña e o alcalde de Zas demostraron o apoio municipal conseguido nestes anos. A voz de Sara Breijo puxo o toque musical a unha fantástica presentación.

O SEMESCOM recupera río do Porto

Presentacion do SEmescom na Ponte do Porto

Despois da presentación en Baio, tocaba levar o novo libro sobre o río do Porto case que ás orixes. O Casino da Ponte do Porto acolleu un bo número de veciños para escoitar da voz dos autores (Xan Fernández, Evaristo Domínguez, Moncho Gándara e Xosé María Lema) a historia do seu río.

A boa asistencia foi tomada polos autores como unha demostración da “identificación dos veciños do lugar co maior símbolo que define a personalidade deste núcleo”. Durante as intervencións os autores reflexionaron sobre a importancia da toponimia histórica, que define ademais un sentir, unha identidade de toda unha comarca: a de Soneira.

O que máis interesou foi a historia dos nomes que recibiu o río ó longo do tempo, que se acabou centrando na parroquia da súa desembocadura, San Pedro do Porto. O propio Lema Suárez cóntanos parte desa historia: 

A fins do XVIII o mapa do Reino de Galicia de Xosé Cornide e outro de Tomás López denominouno "río de la Puente" e no xix Domingo Fontán "río del Puerto". No XIX xa empeza a ser maioritario "Rio del Puerto" (ainda que tamén aparece algún "río de la Puente del Puerto") e no XX xa galeguizan o nome E. Carré Aldao e R. Otero Pedrayo en "río do Porto", que se manterá ata mediados do século (mesmo ata os nosos días). Contra os anos 60 aparaecerá nos letreiros das pontes das principais estradas un "río Grande" que ninguén utilizaba, invento da Xefatura de Obras Públicas da Coruña. A nosa intención é restituirlle o nome máis repetido ó longo do tempo, polo menos desde 1834: "río do Porto".

Sen esquecer os tramos alto e medio, a presentación centrouse máis, loxicamente, no curso baixo, ó paso do río polas parroquias de Carantoña, A Ponte do Porto, Cereixo e Xaviña, onde desemboca para formar a ría de Camariñas. 

Tamén se salientou que o río é o principal elemento natural conformador da Terra de Soneira, pois, aínda que nace en terras bergantiñás e xalleiras, axiña se fai enteiramente soneirán e atravesa de leste a oeste os concellos de Zas, Vimianzo para rematar no de Camariñas; mesmo toda a súa cunca de afluentes están comprendidos dentro da comarca.

Tamén se falou do grande aproveitamento que tivo (e ten) o río, no que contabilizamos en toda a súa rede fluvial 277 muíños (a maior parte abandonados), piscifactorías, centrais eléctricas, coutos de pesca e mesmo estaleiros nos dous portos da súa desembocadura.

Presentacion na Ponte do Porto

Novas relacionadas

Máis novas

Comentarios