Martes. 30.04.2024
El tiempo

Xosé María Lema trouxos os piratas de volta a casa

Xosé María Lema trouxos os piratas de volta a casa
Lema Suarez en Vimianzo -Foto- Roberto Rua

Continúa a xira de presentacións de Costa do Solpor, a novela de Xosé María Lema. Unha xira que chega precisamente hoxe a Baio, na inauguración da Semana Cultural do IES Maximino Romero de Lema. E unha xira que estivo o pasado sábado en Vimianzo. Arroupado polos seus compañeiros do Seminario de Estudos Comarcais, Lema Suárez fondeu o seu barco cheo de corsarios para presentarlle a súa primeira novela aos soneiráns.

Lema Suárez explicou como foi o longo proceso de creación tralas "magníficas intervencións das presentadoras, Chus Barbeira e Concha Blanco, e da emoción do recital do poeta Alexandre Nerium", como nos conta o propio Manuel Bragado, da Ediorial Xerais.

Mesa de presentacion de Costa do Solpor en Vimianzo-Foto-Roberto Rua Alexandre Nerium recitando ao solpor-Foto-Roberto Rua

Novas relacionadas

Artigos de Xosé María Lema Suárez

Fonte

Comentarios