28 ventas ratifican o éxito da nova edición da Feirauto de Baio
Se a última fin de semana toca botar o ollo no Berocasión, esta pasada fin de semana foi Baio a capital do vehículo de ocasión de toda Galicia. A Feira do Automóbil Feirauto acolleu a exposición das casas Automóviles Celmar, Talleres Manuel Montes e no Grupo Talleres J. Lema.
Foron máis de 200 coches expostos. Coches de todo o tipo os expo diésel, gasolina, furgoneta,... sendo os seminvos os máis demandados, pois a xente vén buscando a confianza que ofrece estes talleres baieses e non vén buscando o prezo máis barato.
A feira puido catalogarse de “éxito total”, pois ademais dunha afluencia inesperada (nestas datas espérase que poida pasar calquera cousa), vendéronse 28 coches en 4 días, máis da media habitual, e ainda están acabando compras ao longo desta semana, o que lle chaman a “segunda feita.
Tamén tivo tirón o sorteo de 300€ en combustible, dos que pronto coñeceremos os gañadores a través do Facebooks Feirauto Baio.
Os numerosos asistentes sentíronse tranquilos, comprobando que todas as medidas de seguridade e control se cumprían ao cen por cen.
Novas relacionadas
- Feirauto e Berocasión devolven á Costa da Morte á cabeza do vehículo de ocasión.
- O sector baiés do motor celebrou un Nadal solidario.
- Feirato 2019: Satisfacción dos 5 concesionarios ante as cifras da 44ª edición da Feirato de Baio.
- “A xente que vén a Feirauto de toda Galicia vén a comprar”.
- Feirauto: A unión como garantía.