venres. 06.12.2024
El tiempo

A Carballeira de Zas bate marcas

A Carballeira de Zas bate marcas
Festa da Carballeira de Zas 2016 Marcas de asistencia, de limpeza, de viralidade, de horas de música. A XXXIII Festa da Carballeira foi todo un éxito, coma sempre. Este ano ademais foron dous días de música, e de gran ambiente durante 48 horas, sesión vermú, foliada e concertos. E ademais da música, hai que salientar a boa resposta do público, que deixou a fermosa paraxe, o inmellorable coliseu da Carballeira de Velar, impecable. As fantásticas iniciaticas ecolóxicas (sobre todo o vaso único), e a responsabilidade dun público exemplar, demostran que festival e natureza poden ir da man. Así de limpa estaba a carballeira de Velar o domingo pola mañá Así de limpa estaba a carballeira de Velar o domingo pola mañá Espectacular ambienta na Carballeira de Zas 2016 Espectacular ambiente na Carballeira de Zas 2016 Pero é que a cousa foi completa. Mago de Oz triunfou na noite inaugural, mesmo superando as expectativas da organización. O cartel da noite do sábado abarcaba o mellor do panorama folk mundial, encabezando a expectación os finlandeses Steve’N’Seagulls e Luar na Lubre. O día comezaba cunha sesión vermú, con mexilloada incluída, que tivo unha gran acollida. A tarde continuou co mellor dos ambientes posibles, amenizada polos Modernos, Ce Osquestra Pantasma e a tradicional foliada. O cartel dos concertos nocturnos contaba con artistas internacionais e o mellor do panorama nacional. É por iso que a organización esperaba reunir no recinto moita afluencia de público ao longo de todo o día, tanto nos actos diurnos dirixidos a un público máis familiar, como nos concertos nocturnos orientados á mocidade e aos amantes do folk. As súas expectativas quedáronse curtas, pois ao longo do día non deixou de unirse cada vez máis público, empezando a noite con records históricos de asistencia. Os concertos non defraudaron, e os internacionais Steve’N’Seagulls e Skerryvore, que sorprenderon moitísimo, puxeron Zas, un ano máis, como centro do folk mundial. Luar na lubre na Carballeira de Zas Luar na lubre na Carballeira de Zas , Resarciuse dos problemas do ano pasado e reencontrouse co público zaense a nos amáis internacional, Luar na Lubre. Ademais da impresionante voz de Paula Rey, e as historias celtas de Bieito Romero, o concerto serviu para estrear unha violinista ben coñecida pola zona, Antía Ameixeras. Andres Penabande demostrou todo o que ten que dicir Galicia en materia folk, e Pelepau montou unha festa impresionante. Luar na lubre na Carballeira de Zas Antía Ameixeras debutou con Luar na lubre na Carballeira de Zas Así, desde a organización queren agradecer a todos os asistentes a súa participación e colaboración, asegurando que desta forma quédalle unha longa vida á Carballeira de Zas, e pensando xa na próxima edición. Unha gran nova desois destes dous anos nos que o futuro da festa estivo en entredito.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios