domingo. 25.05.2025
El tiempo

O Auditorio de Baio acolle este domingo a representación de catro obras de teatro de Labarta Pose

Teatro-Labarta-Pose-25maio
O Auditorio de Baio acolle este domingo a representación de catro obras de teatro de Labarta Pose

Este domingo remata a programación especial deseñada polo Concello de Zas con motivo da conmemoración dos 100 anos do falecemento de Enrique Labarta Pose.

Fanno coa representación dalgunhas das súas obras de teatro máis populares que interpretarán o alumnado do CEIP Labarta Pose e os actores e actrices do grupo de teatro Badius.

“O Fo Sanfona”, “A lingua pequena”, “Falade Galego!” e “Unha boa misa” son as catro obras que se interpretarán este domingo, 25 de maio, a partir das 18:30 horas no Auditorio de Baio. A entrada é de balde.
 

Comentarios