O BNG nacional escoita o malestar veciñal ante o peche das sucursais de Baíñas e Zas

O alcalde de Zas, Lolo Muíño, mantivo onte unha reunión en Santiago de Compostela con Ana Pontón e con outros representantes do Bloque no Parlamento Galego. Un encontro para compartir o “malestar da veciñanza” polo peche da oficina de Abanca de Zas previsto para o vindeiro 8 de setembro, un peche que tamén sofrirán as veciñanza de Baíñas e A Baña, afectando a unhas 10.000 persoas.
“Este é claramente un novo episodio de abandono do rural que implica perda de servizos, a perda dese trato directo que recibe o cliente e afecta de negativamente na economía local”, explicou rexedor de Zas.
Pontón, que lamentou que os peches vaian a supoñer unha perda de calidade de vida sobre todo para pensionistas que sofren a fenda dixital, comprometeuse a trasladar todas as inquedanzas ao Parlamento Galego a través de diferentes iniciativas.
De feito, lembrou o posicionamento do BNG en defensa dunha “banca pública que favoreza os intereses da veciñanza en lugar de favorecer os intereses económicos dunha empresa que os leve a tomar este tipo de decisións”.
Manifestación do 2 de setembro
Lembraron que este xoves, 2 de setembro, ás 11:30 horas haberá unha manifestación diante da sede de Abanca na Coruña e na que está confirmada a participación de veciños e veciñas dos tres municipios así como doutros concellos limítrofes afectados por estes peches.
Os tres deputados do BNG que asistiron ao encontro desta mañá confirmaron que apoiarán esta convocatoria coa súa presenza.
NOVAS RELACIONADAS
- 25-08-21: A veciñanza de Vimianzo e Zas álzase contra o peche das sucursais de Abanca.
- 20-08-2021: A veciñanza de Baíñas demostra o seu rotundo rexeitamento ao peche da sucursal de Abanca.
- 20-08-2021: A FEGAMP comprométese a analizar a política de abandono do rural de Abanca.
- 14-08-21: Os Concellos de Vimianzo e Zas unen forzas contra o peche das sucursais de Abanca.
- 12-08-2021: A veciñanza de Baíñas concentrouse contra o peche da sucursal de Abanca.
- 12-08-2021: Zas mobilízase contra o peche da oficina de Abanca.
- 04-08-2020: Lamentan o peche da oficina de Abanca en Dumbría.
- Cousas que existían pero que descubrimos coa pandemia: Os bancos, tal como os coñecemos, camiño de ser un recordo.