xoves. 05.06.2025
El tiempo

Vimianzo recibe unha xornada de limpeza ambiental da Asociación Chelonia no río Grande

LIMPEZA RÍO GRANDE
Vimianzo recibe unha xornada de limpeza ambiental da Asociación Chelonia no río Grande

Vimianzo será escenario, o vindeiro sábado 14 de xuño, dunha nova actividade de concienciación ambiental enmarcada no proxecto Mares Circulares, cunha xornada centrada na recollida de residuos nas beiras do río Grande e na sensibilización sobre a problemática do lixo mariño.

A actividade, organizada coa colaboración da Asociación Chelonia e co apoio do Concello, comezará ás 09:30 horas cunha charla formativa na Casa da Cultura, onde se abordarán temas como a presenza e impacto do lixo nos ecosistemas acuáticos, a sustentabilidade, a economía circular e a correcta separación e reciclaxe dos residuos.

Tras a sesión formativa, ás 10:30 horas procederase ao traslado ao punto de recollida, situado na área próxima aos Batáns e Muíños do Mosquetín, onde se desenvolverá a parte práctica da xornada: unha recollida de lixo nas beiras do río Grande. Unha vez finalizados estes traballos, pecharase a actividade cun pequeno refrixerio.

As persoas interesadas en participar nesta xornada pódense inscribir previamente nesta ligazón.

Recoméndase acudir con roupa cómoda e calzada axeitado, como zapatillas resistentes, botas de sendeirismo ou de auga, e que se empregue protección solar.

Para garantir a seguridade, aconséllase non descalzarse. As entidades organizadoras facilitarán luvas, bolsas para a recollida e separación dos residuos, así como gorras para as persoas participantes.

Máis novas semellantes

 

 

Comentarios