Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Carballeira de Baio terá que agardar para recibir o Orballo Cultural

Orballo cultural na Carballeira de Baio 2021
A Carballeira de Baio terá que agardar para recibir o Orballo Cultural

Non está tendo boa sorte o Orballo Cultural este verán co tempo. A promotora costeira volver ter que aprazar outro evento neste caso o que ía realizar esta fin de semana no singular espazo da Carballeira de Baio.

Unha mágoa para todos, "Disgustadxs e algo desgastadxs polas diversas adversidades que se foron presentando, damos a noticia coa esperanza de que agosto mude e todo sexa positivo. Porque as ganas e a actitude seguirán. Sempre, sempre.", explican

En calquera caso, xa temos datas, a fin do 20 e 21 de agosto.

Comentarios