Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Carballeira de Zas, moito máis ca música

Johanna Sanvicente 1
Un posto de artesanía de Johanna Sanvicente
A Carballeira de Zas, moito máis ca música
A Carballeira de Zas converteuse ao longo dos 37 anos que se leva celebrando nunha cita de obrigada asistencia para miles de persoas, e non so polo gran cartel que cada ano reúne, senón tamén polo resto de oferta que presenta aos asistentes.

Unha das alternativas máis interesantes é a feira de artesanía, que está a experimentar un crecemento récord nestes últimos anos, pero sobre todo nesta 37 edición que se celebrará os próximos 12 e 13 de agosto, onde o número de postos incrementouse en case un 45% con respecto a última edición e en máis dun 300% con respecto a edición celebrada no ano 2015.

Dentro dos postos que estarán presentes durante a xornada do sábado 13 haberá oferta para todos os gustos, dende representantes de artesáns da moda máis tradicional, con prendas de ganchelo ou prendas artesás inspiradas no traxe tradicional galego, produtos feitos con epoxi e area de praias galegas, cosmética artesán e natural, pasando por alquimias naturais, remedios e cosmética vibracional, bixutería e coiro, así como os postos máis tradicionais vinculados con artigos de palla, e música tradicional, tales como son o Obradoiro Musical JR, artesáns de instrumentos tales como gaitas, que son sen dúbida as grandes protagonistas da Carballeira.

Estes postos estarán abertos o sábado 13 e sumarán así, xunto coa zona infantil chea de xogos tradicionais feitos en madeira e apto para todas as idades, unha zona de día que este ano terá máis importancia ca nunca gracias a sesión vermú amenizada por Xabier Diaz e as Adufeiras de Salitre, que asistirán por primeira vez a Zas neste horario matinal.

O entorno da Carballeira, único e rodeado por centenarios Carballos, fai que sexa o lugar perfecto para desfrutar de unha tarde en familia, coa mellor música, comida e entretemento para o sábado dende as 12 do medio día.

Comentarios