Venres. 19.04.2024
El tiempo

A Festa da Carballeira de Zas volve con Heredeiros da Crus e Rura como primeiras confirmacións

festa da carballeira zas 2022
A Festa da Carballeira de Zas volve con Heredeiros da Crus e Rura como primeiras confirmacións

Outro dos festivais que volverán a facer deste un histórico verán de 2022 é a Festa da Carballeira. Unha Festa que aínda non puido celebrar a calificación como Festa de Interese Turístico Galego, pero que o fará por todo o alto a fin de semana do 12 e 13 de agosto.

Nada menos que a 37ª edición, cunha festa integral, con actividades para toda a familia, pero coa música como principal fío.

As dúas primeiras bandas confirmadas son os Heredeiros da Crus, que farán unha troula asegurada na noite do venres.
O sábado un dos grupos que estará presente son os escoceses Rura, composto por voz, gaita, whistle, flauta, violin, bodhran e guitarra.

Haberá moitas máis cousas para as noites, pero tamén para as sesión vermú, que chegará máis forte ca nunca. De feito, haberá zona de gastronomía, espazo lúdico infantil, feira de artesanía e outras actividades para todos os públicos principalmente para os máis cativos

A Carballeira solidaria

Un ano máis, desde a organización da carballeira vaise facer unha doazón de 1€ da venta de cada bono para a Asociación Aspaber, Asociación de Pais de Discapacitados Psíquicos de Bergantiños. Un xesto co que a Carballeira apoia e recoñece o labor desenvolto por esta Asociación, e tamén se lle quere dar visibilidade a mesma. Aspaber leva ofrecendo servizos de axuda na zona de Bergantiños dende o ano 1976 tendo como misión principal contribuir a que as persoas con discapacidade intelectual e as súas familias dispoñan dos apoios necesarios para poder desenvolver o seu proxecto de vida e lograr a súa inclusión como cidadáns.

Zona de acampada gratuíta

Como é habitual e como se leva facendo en anteriores edicións, todos aqueles asistentes que queiran acampar en Zas durante os días da festa, contarán con zona de acampada gratuíta (situada a poucos metros do recinto musical). Tamén terán baños e duchas.

Venda de entradas

Xa podedes adqurir as entradas en www.festadacarballeira.com ou da plataforma Ticketrona. A oferta inicial especial de bonos para os dous días a un prezo de 12€+gastos de xestión, para as 100 primeiras entradas.
O prezo regular será unha vez esgotadas as 100 primeiras será de: bono de día individual 8€+gastos de xestión e o bono para os dous días pasará a ser de 15€+gastos de xestión. A venda online de entradas estará aberta ata o día 12 de agosto as 15h, a partir de este momento as entradas poderanse comprar en taquilla, onde os prezos serán de 12€ entrada para un so día, ou 20€ bono para os dous días.

Novas da Carballeira

Novas sobre Festivais

Comentarios