Mércores. 19.01.2022
El tiempo

O Club Deportivo Concello de Zas xa ten novas equipacións

presentacion-equipacion-CDConcellodeZas
No acto estiveron o Alcalde de Zas, Manuel Muíño; o Concelleiro de Deportes, José Brenlla; e os representantes das empresas patrocinadoras
O Club Deportivo Concello de Zas xa ten novas equipacións

Autos Facal, Ansega Electricidade, Limpiezas Ruris, Asesoría Espasandín, Pizzería Tívoli e Cafetería Europa92.

Estas son as empresas que facilitaron a creación da nova equipación que vestirán os case 50 nenos e nenas que forman os tres equipos que ten en competición nas prebenxamín, benxamín e alevín o Club Deportivo Concello de Zas. Un Club Deportivo municipal que nacía en 2016 da fusión das categorías base dos dous clubs do Concello, CD Baio e Sporting Zas, e que son un bo exemplo de como mellorar as condicións da nosa canteira a través dos Concellos.

De feito, o Alcalde de Zas, Lolo Muíño, recoñeceu que o Concello destina unhas axudas directas ao club para facilitar o desenvolvemento desta actividade deportiva e fomentar o deporte entre os máis pequenos. Muíño, de igual xeito, destacou que cada vez son máis as empresas locais as que se implican co fútbol base e aproveitou a ocasión para agradecerlle este xesto.


 

comentarios