Como valoras as obras da ponte da Piroga?
Non foi sen tempo. Así pensan en Baio tralo remate das eternas obras da ponte do río Grande (chamado históricamente río do Porto), un mes despois das últimas queixas dos comerciantes, 8 meses despois do comezo dunhas obras que estiveron esperando máis de 10 anos.
Aínda, con todo, non está rematada. Queda pendente a colocación da escaleira para acceder á beira de augas arriba da ponte, o chapado en pedra do muro de formigón e a retirada dos restos dos soportes de canalizacións e servizos, cando o caudal do río o permita.
En calquera caso, esta mañá de venres, a ponte recibía a visita dunha comitiva institucional comandada pola conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, para “supervisar” que todo estaba correcto, tralos 328.000€ investidos nesta ponte que data de 1852.
Como valoras o resultado?
Novas relacionadas
- 17-01-2022: Preocupación entre as asociacións de Baio polo posible mal remate das obras da ponte.
- Decembro 21: Reabre ao tráfico a ponte de Baio.
- 26-11-21: A ponte de Baio tampouco estará aberta para a ponte da Constitución.
- 21-11-21: As asociacións de Baio esixen a reapertura inmediata da ponte.
- Novo corte de tráfico, ata o 30 de novembro, na ponte de Baio polas obras
- Xullo 21: "Xa non tendes moita xente, pero agora coas obras da ponte menos”
- Xuño 21: Comezaron as obras da ampliación da Ponte de Baio... 10 anos despois